Carta ao Manuel Maria de REMOL - 25 - "Cadro conforme, ..."

Manuel, chego ao início da terceira parte ou secção

do teu particular poemário, que presides com uma citação

de Noriega Varela: "Cadro conforme, amigo: hai moitas portas

cerradas prá probeza." (p. 55) Acudo de novo à tese do Dr. Freixeiro:

"Cadro conforme, amigo: hai moitas portas

cerradas pá probeza;

pero as do presbiterio non se conten,

nin tampouco as da igrexa.

5 Bríndanlle as do espital piadoso amparo

e, sin forzalas, entra

donde se afirma o crimen, i onde a morte

se mofa da soberbia.

As do ceio, esas ... !ai!, tapiarllas queren;

mais !Dios maldiga a empresa!,

que as do ceio sorte é que as vexa o probe

de par en par abertas. (pp. 292-293)

...

Tomo alguns comentários do Prof. Freixeiro Mato a este poema, o 20 de "Do Ermo".

Este poema surxiu como resposta a outro publicado na prensa de Mondoñedo, titulado "A velliña", en que se denunciaba a falta de solidariedade coa vella pobre, a quen ninguén presta axuda [...] (p. 292)

Supra explicara mais extensamente:

Cando, [Noriega Varela] estando de mestre en Foz, un poeta da zona publica unha composición denunciando a falta de solidariedade coa vella pobre, Noriega sae inmediatamente cun poema-resposta en que defende a posición da Igrexa, mesmo sen ser aludida previamente:

"Cadro conforme, amigo: hai moitas portas

cerradas prá  probeza; etc. (p. 143)

A tese do Dr. Freixeiro pode consultar-se online.

...

Mais não comento, Manuel, salvo a estrita e reduzida citação do poeta luguês: ficas na notícia negativa (portas cerradas) para este Vale de Lágrimas. Noriega, porém, abre-as para o Céu, Vale de Risos e Sorrisos ... segundo pregoa a fé oficial de quase todas as religiões. Contudo, ninguém voltou deste Vale para nos explicar como é que são os risos e sorrisos celestiais ...