Galicia, unha terra, um pobo. (em lingua galega)

UNHA TERRA

Galicia, um territorio rico em diversidade: com chairas entre terras de tesos cumes e mil vales de mil ríos dominados por bocarribeiras. Coas rías que dan nome no mundo aos vales feitos mar.

UM POBO

Unha vella terra humanizada e traballada á man por homes e mulleres que ergueron megálitos, a inzaron de castros, fixeron aldeas, parroquias e vilas. Unha paisaxe construída polo pobo galego.

VALEROSO CLAN

Roma chamou Gallaecia á terra dos callaici encerrada polo Mondego e polo Douro. As lexións de Augusto no 29 a.c. fixeron daqueles pobos unha parte do imperio e cria tres cidades : Lucus Auguti, Brácar Augusta e Astúrica que logo serán capitais dos conventus, daquel terrritorio occidental que no século III se fai provincia de seu.

Galicia fíxose celta cando os románticos europeus (incluído pondal) descubriron as sete nacións célticas atlánticas, confirmadas pola nova ciência dos historiadores (incluído Murguía) e dos arqueólogos (incluído Cuevillas). Os castros e os torques e as arracadas e mais os trísceles, eran probas materiais da irmandade com irlandeses, galeses, bretóns...

A gaita, escolhiida hai dous séculos como instrumento nacional,confirmou esa irmandade musical que hai vinte anos acabou xerando un fenómeno comercial mundial e unha nova linguaxe: a música celta.

Os bretóns de Maeloc, deron a razón aos clans célticos cando buscarón acubillo na Bretoña mindouniense no século VI. Aínda máis tarde, no século XVII, os nobres irlandeses derrotados en kinsale mesturáronse con nós e fundaron en compostela o colegio de San Patricio dos irlandeses, o terceiro a universidade.

Eduardo Pondal (Ponteceso 1835-19170) poeta autor da letra do himno. Galeguista e progresista da xeración revolucionaria dos estudantes do banquete de conxo. Bardo da cova céltica.

O REINO DE GALICIA

Os suevos (411) fan de Gallaecia un reino, suevia, que funde ao pobo xermánico co galaicoromano. Axexionado polos visigodos (585), convértese coa invasión musulmana (711) na retagarda da cristandade. Santiago de Compostela será a cerna do novo reino, berce do poder da nobreza e da Igrexa que constrúen o grande reino do occidente, con don García (1065), con Afonso Raimúndez que en 1111 coroa Xelmírez ou cos seus sucesores. Esa galería de reis galegos soterrados no pateón real da Catedral Compostelá que reinaron em León e Castela.

Galicia desdebúxase entre a monarquía española e portuguesa nos século VI – XVII pero chegou como reino nominal á formación do estado liberal (1812), coas xuntas do reino, a audiencia e as sete provincias.

CAMIÑO DE SANTIAGO

O poder da Igrexa foi constante na historia de Galicia. Cando no século IX o bispo Teodomiro descobre um túmulo que o identifica co sepulcro de Santiago o maior comeza a conversión de Compostela na Xerusalén de Occidente. As perregrinacións forman os camiños a Compostela polos que discoren ideas e habelencias, músicas e mercadorias. Santiago convertese em centro da cultura cristiá europea. a nobreza eclesiástica ocupa dende o século XII com Diego Paes e Xelmírez o lugar que deixa a alta nobreza cortesá despresada a León e Portugal. Os bispos dominan as cidades e o territorio vai ser articulado polos mosteiros cistercienses (sobrado, oseira, armeneira...) onde os frades “lavradores” transforman e organizan a produción agraria. Dende o século XIII aparecen os foros para regular a relación entre señores que queren rendas e campesiños que se fan vasalos e traballan a terra. A grande duración do foro garante a fortaleza das facendas labregas. À vez refórzase a estrutura paroquial e nela os lazos comunitarios e a independencia que favorecerá a futura conversión da Galicia num país de labregos e labregas.

RARA EN CIDADES

Da estrutura triangular romana pasouse á compostela que rexe a trama de vilas nas liñas dos seus camiños. As ordes mendicantes coas igrexas e conventos de San Francisco e San Domingos espallaranse por elas.

Adebilidade urbana ampliou a forza da Igrexa, dos mosterios e dos labregos agruados em comunidades parroquiais.

GUTENBERG EN FISTERRA

Cando a chegada da imprenta (Monterrei, 1483 e Ourense) a tradición literaria dos cancioneiros e os trobadores galegos e o uso do idioma na escrita ordinaria de textos como a crónica troiana ou a xeneral historia e máis na documentación de mosteiros e concellos estaba chegando á fin. Despois do pulo e dominio medieval da lingua galega o castelán imponse dende o século XIV nos usos da nova administración real e mesmo nos literarios dende a fin do XV. No XVI comezan a adoitalo as elites dirixentes.

A chegada da imprenta ao principio dos séculos escuros acentúa a deriva oral e popular do idioma emparedado entre o castelán do poder político e o latín do eclesiástico.

LUCES DA RAZÓN

As ideas ilustradas de feixoo e de Sarmiento e as iniciativas emprendedoras de Ibañes foron impulsoras da ilustración e máis da industrialización.

A REVOLUCIÓN GALEGA

A mediados do século XIX xermolan as primeiras propostas galeguistas e principía a recuperación do idioma galego da man dos poetas. Rosalía e Pondal fan do Rexurdimento unha expresión culta da lingua e das angueiras populares.

O descubrimento da Galicia continúa pola historia e a música rexionlizada por Pascual Veiga. Créase “o galego” dando forma a unha resistencia que expresa a diferenza sentida e construída, na que os galegos son tan europeus como os irlandeses, os italianos, os checos ou os polacos do seu tempo.

UNHA LINGUA - O ESTADO GALEGO

O Rexionalismo despois e o Federalismo dendde 1873 deron lugar aos primeiros textos que propoñen a legalización federal e republicana ou autónoma dessa consciencia de diferenciación e doutra forma de construir o estado español. A proposta em 1883 dun primeiro ¨proyecto de construcción para el futuro estado galaico” é unha expresión requintada dese desexo de autogoberno.

A PRIMAVERA DAS NACIÓNS

Coa grande guerra, da derrota dos grandes imperios europeus xorden as novas nacións. Em 1916, fúndanse as irmandades da fala a prol do monolingüismo e aparece a Nosa Terra. Antón Vilar ponte enuncia o nacionalismo galego como proxecto político que nos anos seguintes formulará sucesivas alternativas para dotar a Galicia de institucións propias.

Em 1918 a primeira Asemblea Nacionalista de Lugo pide no seu manifesto ao pobo galego a autonomía integral, política e económico-financeira, como instrumento para a galeguización da ppública e para as reformas política, administrativas, xurídica e máis a económico-social, nunha dirección librecambista e de fomento dos recursos porductivos propios.

Autogoverno, Democracia e República van xuntas em 1929 cando nacionalistas e republicanos fundan a Organización Republicana Gallega autónoma (ORGA).

Na VII Asemblea Nacionalista, os grupos galeguistas fóra da ORGA fundan o partido galeguista, co obxetivo político de lograr a autonomía galega em paralelo coa catalán. Castelao, Picallo e Otero son os seus deputados em Madrid.

O estatuto de 1980 recoñeceu a Galicia como nacionalidade histórica. Non é um título gratuito: débese á história da autonomía e á do galeguismo que a pelexou.

REVISTA NÓS

A ditadura interrompe o proxeto de mancomunidade galega elaborado por Lois Peña Lobo em 1921 e apoiado nas deputacións. Son anos de proxetos e iniciativas intelectuais nacionalistas: ceación do grupo e a revista Nós em Ourense (1920), do Seminario de Estudos Galegos na Universidade (1923), do primeiro Congreso de Economía Galega em Lugo (1925).

GALEGO – LINGUA OFICIAL

0 28 de xuño de 1936 apróbase a autonomía em referendo, superando a barreira dos 2/3 do censo e cunha participación do 75%. O texto fai do galego idioma oficial e establece o deber de coñecelo aos funcionarios que exerzan no país. galego – lingua oficial

Durante a ditadura franquista moitos nacionalistas marcharon ao exilio, moitos foran fusilados, moitos morreron xuntos a milleiros de republicanos que quixeron ficar sempre em Galicia. A lingua é um espello do mundo que nos rodea. O clima, a paisaxe, o marco particular no que se desenvolve a vida dunha comunidade humana intégrase tamém na forma de expresarse e condiciona mesmo a maneira de pensar.

MARIA DE CASTRO
Enviado por MARIA DE CASTRO em 27/06/2011
Reeditado em 25/01/2023
Código do texto: T3060439
Classificação de conteúdo: seguro
Copyright © 2011. Todos os direitos reservados.
Você não pode copiar, exibir, distribuir, executar, criar obras derivadas nem fazer uso comercial desta obra sem a devida permissão do autor.